lunes, 24 de septiembre de 2012

El Sapo

Os verdadeiros sapos son membros da familia Bufonidae da clase anfibios e da orde Anura. Así e todo, un número de especies pertencentes a outras familias tamén son comunmente denominados sapos. Isto é así porque as características que popularmente se utilizan para distinguir as rasdos sapos non son as mesmas que se utilizan na clasificación científica.

Características

Existen cerca de 4.800 especies de sapos. A maioría deles vive dentro ou próximo a unha fonte de auga, aínda que existen sapos que viven en ambientes húmidos mais que non son considerados ambientes acuáticos. A necesidade por auga é mais urxente para os ovos e as crías do sapo, a pesar de que algunhas especies utilicen pozas temporalmente e agua recollida nos ramos de plantas. Os anfibios dependen da auga para a posta de ovos -pois estes son sen casca- e para manter a pel húmida que resulta necesaria para a realización da respiración cutánea onde a troca de gases é feita pola pel. A respiración cutánea é necesaria pois a respiración pulmonar non é completamente eficiente..

Desenvolvemento e metamorfose


Os sapos producen unha transformación na súa etapa de desenvolvemento. Comezan a súa vida como cágados co corpo semellante a un peixe, sen patas, con aletas e respirando a través dasbranquias. Durante a metamorfose, as aletas transfórmanse en patas, desaparecerá a cola e a respiración pasará a ser pulmonar.


Distribución


Existen cerca de 4.800 especies de sapos. A maioría deles vive próximo a unha fonte de auga. Son capaces de habitar en multitude de biotopos e atópanse en calquera parte do mundo, excepto nas rexións árticas como gran parte de Siberia, norte de Canadá e Grenlandia e nas zonas desérticas máis áridas como o deserto do Sáhara; tampouco se atopan en AustraliaNova CelandiaMadagascar, e parte do Océano Índico.



Diferenza entre os sapos e as ras




O sapo distinguese da ra polo porte: é maior, mais voluminoso. Xeralmente vive en ambiente máis seco, ten membranas interdixitais pouco desenvolvidas. A pel é áspera e seca e son máis dados a camiñar que a saltar, de aí que as súas patas sexan máis curtas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario